lunes 17 de diciembre de 2007

cambio

visitame en http://farinaperez.wordpress.com/

viernes 21 de septiembre de 2007

245, a Consellería de Educación e Pedro Armas

Ó final conseguín un posto mellor do que pensaba na lista de sustitutcións, calculara que estaría no 252, 253 e estou de 245. O ano pasado chegaron ata o 303, e o 255 xa entrara a traballar en Novembro, como había 208 que xa tiñan o posto na lista asegurado ainda que sacaran un cero, e uns cuantos fixerono, fun o 37 dos que non esbabamos na lista, fun o 37 de máis de 300, e sendo prácticamente o último en puntos na fase de concurso.

Este ano o caos apoderouse ainda máis da Conselleria de Educación, a parte de que a conselleira di estar contenta do resultdo das oposicións, 90 aprobados interinos e sustitutos das 91 prazas, coas notas secretas, recuperando para a oposición á xente que foi excluida polos tribunais, mantendo na lista á xente que ten un non presentado, cando o único requisito para seguir na lista é presentarse, ainda que se saque un cero... cando lle contei a carlos Pajares como eran as oposicións este ano puxo unha cara de asombro e fixome uns comentarios que non podo reproducir publicamente...

Pero o caos continua, as clases empezaron o mercores, e os rapaces estiveron sen profesores, porque a consellería decideu que ata o xoves pola tarde non chamaba ós sustitutos, e ainda así, onte pola tarde non cubriran tódalas baixas. Cando a mesma conselleria lles manda circulares ós centros pedíndolle que tramiten pronto as baixas a continuación é a propia consellería quen ten unha semana ou máis as baixas sen cubrir...

Ademáis cesou no seu cargo o delegado provincial da consellería, Pedro Armas ó que coñezo de velo en 2 mitins, e que destacou por acabar no fraude que facian algunhas familias falsificando o padrón municipal, etc para ter praza en colexios concertados, ademáis Pedro Armas é militante do Partido Socialista e de UGT, o que fai que na consellería non sexa ben visto, ainda que a conselleira nomeuna o Partido Socialista, pero xa sabedes que o goberno galego é un pouco esquizofrénico...

viernes 31 de agosto de 2007

Torneo de Axedrez (parte 1 de 3



A semana pasada, celebrouse no Pub Leño de Malpica un torneo de Xadrez para xogadores non federados, e federados en terceira división. Como me gusta xogar fun a ver que pasaba. Ó final eramos 11 participantes, a maioria eran os rapaces da Escola de Xadrez Guillán de Malpica, que compiten na terceira división. O torneo celebrouse polo sistema Suizo a 7 rondas. O sistema Suizo é un método para que nos campeonatos xoguen sempre persoas do mesmo nivel, incluso cando hai centos de xogadores. Unha vez xogada a primeira ronda, os emparellamentos da seguinte faise que xoguen os que ganaron contra os que ganaron e os que perderon contra os que perderon, e ó acabar cada ronda faise a clasificación, e desta volvense a facer os emparellamentos, os que levan 2 ganadas xogan entre si, os que levan 2 perdidas tamén, etc etc, o que fai que as partidas segundo aumentan as rondas vaian gañando en dificultade.

O primeiro día, martes xoguei 3 partidas, a primeira con brancas gañeina despois de que se arriscara moito o meu rival, ainda que estivo a punto de gañarme cun despiste que tiven, pero gañeina. Na segunda ronda tiven a sorte de xogar cunha rapaza que levaba pouco tempo xogando ó xadrez, polo que me confiei, e pensando que tiña a partida gañada regaleille pezas e case perdo, gañeille ó final por 2 peóns, pero tivo a partida gañada ainda que non se deu conta. A última partida do día xogueina contra unha rapaza de Malpica que se chama Heidi e que queren que xogue federada pero non pode polo seu traballo, e que xoga ben, xa era a terceira ronda, e eu con brancas, foi unha partida moi posicional, pero cometeu un erro, e despois un moi gordo e cominlle a raiña coa torre, co que me regalou a partida, que se non ma regala ia pa lonxe ainda que eu tiña ventaxa. Ó final de tres rondas 3 partidas gañadas.

Ainda que tiña tres partidas gañadas, xogara 2 veces con brancas co gambito de dama, a apertura que mellor coñezo, así que me esperaba un día con outras 3 partidas contra os rapaces que xogan federados na terceira división, e por riba 2 partidas con negras, polo que a mañá seguinte xoguei no ordenador con negras, usando a defensa siciliana, ainda que con pouco éxito.

jueves 16 de agosto de 2007

Lauren Bacall nos Soprano

Na definitiva tempada dos Soprano, a SERIE de televisión máis importante dos últimos 30 anos, apareceu a actriz do seculo XX, Lauren Bacall. A actriz intelectual, comprometida contra a censura, a máis guapa do seu tempo, a que se casou con Bogart e tiña de amigos a Hemingway ou Faulkner. Lauren Bacall participa no episodio 7 da sexta temporada dos Soprano. En principio é un episodio de recheo, Cristopher Molltisanti, o sobriño de Tony Soprano sigue coa sua teima de meterse no mundo do cine, e como ten o proxecto de unha película vaise a Holiwood a intentar convencer a sir Ben Kingsley para que protagonice a película que queren facer, eso si non teñen nin o guión... na reunión que teñen con el aparece Lauren Bacall, as escenas que suceden a partir dese momento son para enmarcalas, a escena culmen da historia é inesperada e irrepetible, que sorte tiveron en rodar con esa actriz esas escenas, so por iso merece a pena a vida de actor ou director.

lunes 23 de julio de 2007

Oposición: Capitulo Case final

Metín tódolos datos no excell, e acabei empatado na posición 97 da oposición. Segundo os meus datos, que non son completos, xa que hai 4, ou 5 persoas que teñen reclamacións ó baremo, tiña que ter sacado un 10,7 sobre 10 para ter acadado praza.

Das 91 prazas entrarán 90 interinos e sustitutos e Eduardo Dorrego que sacou un 9,92 e entrará por moi pouco, así que a Xunta pode felicitarse, conseguiu o que quería que o concurso-oposición servise para que aprobasen os interinos. Houbo outro rapaz que sacou un 9,26 e se quedou fora por bastante.

Fixen o cálculo de en que posición quedaréi na lista, e máis uo menos no 250. O ano pasado o que estivo no 250 entrou a traballar en Novembro, pero 10 ou 11 postos máis xa foi en xaneiro, así que teño dúbidas sobre que facer, teño unha posibilidade de 6 meses nunha empresa de programación, ou ver de traballar un ano na privada ou esperar.

Nestos días disfrutarei das festas do apostol e en Agosto decidirei que facer.

Pd: Este resultado firmabao antes de empezar o ano, é máis, firmaba entrar en Marzo a sustituir, asi que...

miércoles 18 de julio de 2007

7,16

Este é o resultado final da miña oposición a profesor de ensino secundario, especialidade de matemáticas. 7,1600 sendo a primeira vez que me presento.
A miña irmá sacou un 5,9800, case un 6, estamos moi contentos todos, onte tiven a última proba as 8:30 da mañá en Lugo, María ás 13:00 h. en Pontevedra. As 19:30 sairon as notas, quedeime sen bateria, e marchei para Malpica ó pleno do concello, así que hasta a noite, as 11 e media da noite non tiven o mobil operativo.
Outro día xa contarei as impresións de todo o proceso, e a analíse deste.

martes 10 de julio de 2007

Oposicións: Episodio II

O venres 6 de xullo ás 13:00h. tocoume a segunda proba da oposición, a defensa da programación didáctica que presentei, para defendela podia ter unha copia da programación, e dispoñia de 20 minutos. Tiña un esquema feito, que llo deixei fora a miña irmá. Según ela non me saltei ningún punto, e a voz non a notou nerviosa. Durante a exposición non escribín no encerado nin usei a programación, fun falando, de pe e mirando para o tribunal, 2 mulleres, a presidenta e a secretaria, que creo que lles gustou aprogramación, Paulino Estevez, un profesor excepcional que da clase no Rosalía de Castro é tan experimentado, que ainda que me atendia, non sabia eu se lle gustaba ou non a programación, e os outros dous membros, que case non apuntaban nada, nin atendian moito, nin nada, como estaban pasivos, foi ós que máis mirei a ver se podia convencelos. O máis chocante de todo é que non miraron a miña programación, so a presidenta tiña aberta polo índice e iba seguindo, e unicamente se pasaron a programación nos anexos, a ficha de seguimento, os boletíns de exercicios e as noticias de prensa e o artículo da revista SUMMA que puxen como exemplo, na programación. Saín contento, ainda que se me olvidaron un par de cousas, sobre todo do principio, estou contento por como o fixen, polo menos é unha moi boa experiencia para cando teña pobrabilidades respetables de aprobar.
Agora quédame a última parte, a defensa dunha unidade didáctica, unha das 15 que teño na miña programación, sacarei 3 bolas e terei 1 hora para decidir cal fago, e preparar a exposición. As unidades que mellor levo son as 11,12,13,14 e 15, das que teño unha probabilidade do 74 % de que me saia unha, pero claro despois da sorte que tiven no primeiro sorteo, non podo arriscar así que estes dias teño que darlle moi duro para que non me pille o toro, ainda que teño as 15 unidades preparadas da academia, teño que melloralas, a eso estou.

pd1: Sobre o cambio de goberno de Zapatero teño algo que decir, xusto rememorando a única vez que tiven unha conversación con Zapatero, que foi en Xullo de 2001, estaba Laura Seara tamén, un rapaz de Málaga, Paco Cabañas e un par máis, e Zapatero contounos unha teoria sobre os cambios de goberno que este venres, mentres me iba a Lugo, me fixeron rir moito, e incluso des-estresarme.
pd2: Hai congreso de JSE e esta vez si que me invitaron. En JSE parece que a historia se repite, volvemos a discusión do 2001, en Toledo no 2001, os días anteriores á escola de verán na que puiden falar con Zapatero, discutiamos sobre a domiciliación bancaria das cuotas de JSE, se non é por Galicia e Euskadi aquelo non sae adiante nin de coña, e ainda así a votación se gañou moi apuradamente... Agora a xente olvídase da historia e empeza a reescribila, parece que nalgunha sede temos un clon de Pio Moa.